Obradoiros de Scrapbooking e de Entroido na Ludoteca de Quiroga

O prazo de inscripción no obradoiro de Entroido remata o 10 de febreiro

Os departamento de Educación e Xuventude do Concello de Quiroga organizan conxuntamente tres obradoiros, que se desenvolverán durante o mes de febreiro. O obradoiro de iniciación ó Scrapbooking, destinado ó público en xeral a partir de 10 anos, terá lugar os venres de febreiro en horario de 18:00 a 19:00 horas, cun custo de 10 euros por persoa. O segundo obradoiro de Scrapbooking, que se ven desenvolvendo durante o curso escolar, celébrase os mércores de 17:45 a 19:45 horas. Neste obradoiro realízanse álbumes de fotografías temáticos, e neste primeiro mes adicaranse a realizar un co gallo do pasado Nadal. Este taller é gratuíto, xa que cada asistente leva o seu material. Por último, o obradoiro de Entroido será os luns 17 e 24 de febreiro de 19:00 a 20:30 horas, terá un custe de 10 euros por persoa, e vai dirixido ó público en xeral a partir de 10 anos. Todos os obradoiros realizaranse na aula da Ludoteca municipal, e as inscripcións serán presenciais na Casa da Cultura, ou ben por teléfono no número 982 425 125.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A sorte da Lotería pousouse en Monforte

Seguinte Nova

Charlas sobre Primeiros Auxilios nos colexios públicos de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: