Animación sociocultural en todo o concello de Bóveda

O Concello de Bóveda atópase inmerso na selección dun novo técnico de animación sociocultural para o Concello. Segundo explicou o alcalde, “tíñamos unha animadora sociocultural que estaba levando todas as actividades da Casa da Cultura, esta persoa pediu unha excedencia e agora estamos co proceso de selección”. José Manuel Arias tamén sinalou que a cultura é un dos pratos fortes no concello de Bóveda, “porque temos un programa moi completo que formamos a principios de ano, no que contamos tamén cunha oficina de información xuvenil, aspecto tamén prioritario para nós”, engadiu. Asimesmo, hai tamén un programa co que se trata de chegar a todas as idades, dende 0 anos en diante, e accións puntuais, como no caso das parroquias nas que hai locais sociais, o Concello despraza aos monitores para impartir cursos do que os veciños queiran ou soliciten.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pequenos recurtes na xestión municipal de Bóveda

Seguinte Nova

Un apoio ás obras de interese veciñal

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: