Crónica del sur de Lugo

O Lugo Emprega leva a 185 parados a optar a un traballo temporal en Sarria

Traballadores nunha obra acometida este ano nas rúas de Sarria. Arq.EC.

O concello de Sarria levará a cabo o vindeiro día 22 de febreiro o proceso de selección do personal que será contratado a través do Lugo Emprega, impulsado pola Deputación en cada un dos concellos da provincia e creando prazas en función do seus habitantes. Para o alcalde, Claudio Garrido, son precisamente “as condicións de igualdade” deste plan o seu rasgo diferenciador doutras posibles iniciativas polo emprego.

Da alta demanda de emprego existente polos efectos da crise, ninguén dubida; en Sarria son un total de 185 persoas as que participarán no proceso de selección optando a 24 prazas, un dato que Garrido non quere pasar por alto aludindo as crecentes taxas de desemprego, que vincula fundamentalmente coa caída da construcción e o “serio problema do sector inmobiliario, que é o que expulsou á meirande parte dos traballadores que engrosan as listas de demandantes de emprego, xunto co sector servizos vinculado a área inmobiliaria”.

Servizos municipais reforzados

“Para o concello, o Lugo Emprega é unha inxección importante nun contexto de presupostos municipais moi austeros”. Os 24 traballadores que serán contratados durante seis meses realizarán unha cantidade de traballos moi importantes para o Concello, tendo en conta a merma de ingresos que agardan as arcas municipais. Os 24 traballadores desempeñarán os seus postos nos servizos municipais relacionados con obras, mantemento, labores de medioambiente ou no medio rural. Dada a gran cantidade de demandantes, un tribunal de apoio da Deputación provincial será quen realice a selección do próximo día 22.

Garrido reclama da Xunta políticas activas de emprego

O rexedor sarriano bota de menos políticas activas de emprego por parte da Xunta que ten as competencias neste ámbito e sinala que “descoñecemos os plans que ten o goberno autonómico neste ámbito, e solicitamos, en nome de tódolos demandantes, que se apliquen medidas urxentes tendo en conta a conxuntura na que nos atopamos”. Ao sinalar os obradoiros de emprego como exemplo, Garrido lembra que foron denegados dous obradoiros de emprego que se solicitaran nos últimos meses.

Necesidade de contar co apoio das administracións autonómicas e provinciais

Fronte aos criterios políticos que, no seu criterio, estaría a utilizar o goberno galego no reparto destas iniciativas, o alcalde de Sarria pon como exemplo a universalidade do plan impulsado dende o organimo provincial. Preguntado polas posibilidades dos concellos en impulsar medidas de cara ao emprego, o mandatario socialista nega toda opción a causa da falta de finanzamento, salvo o que se poida facer en colaboración con outras administracións como a Xunta.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio