Premios do Certame de poesía infantil provincial para Monforte

A Biblioteca Provincial de Lugo entregou o pasado luns día 7, os premios aos nenos e nenas que resultaron gañadores da fase final do Certame de poesía infantil Nadal 2010, ao tempo que presentou o libro editado cos poemas seleccionados na edición do pasado ano. É preciso destacar que de Monforte resultaron premiadas dúas rapazas. Alicia Soto Pallares, de 5 anos e na categoría de ata 8 anos por parte da Biblioteca de Monforte de Lemos recibiu un accésit; así como Anxela Jorge Vidal, de 11 anos e tamén da Biblioteca de Monforte, premiada na categoría de 9 a 11 anos. O acto estivo presidido pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e reuniu aos 16 escolares de toda a provincia que gañaron o certame, ao que concorreron os traballos seleccionados nas respectivas fases locais convocadas por 25 bibliotecas públicas municipais desta provincia e pola mesma Biblioteca Provincial.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reforma do alumeado público en Monforte

Seguinte Nova

O Lugo Emprega leva a 185 parados a optar a un traballo temporal en Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: