Reforma do alumeado público en Monforte

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte.EC

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, presentou fai uns días outra das actuacións que se vai realizar grazas ao convenio asinado entre o Concello e a Deputación de Lugo por importe de un millón de euros, e que consiste na reforma da iluminación pública.

Severino Rodríguez lembrou que desa cantidade xa se destinaran 150.000 euros para o mantemento do parque de bombeiros, e 229.000 para o proxecto de mellora de infraestruturas viarias. Segundo indicou, trátase de actuacións encamiñadas a lograr o aforro enerxético, ao igual que no caso da piscina municipal, ou naquelas rúas que se urbanizaron ou melloraron, e tamén a mellorar o servizo. Neste senso, o proxecto afectará a aquelas zonas onde se constatou un maior consumo enerxético e un maior deterioro das liñas e dos equipos, como é o caso de trece lugares pertencentes a tres parroquias, Santa Mariña, A Penela e As Nocedas, e ó barrio do Malvarón. O alcalde tamén sinalou que procederá á substitución das luminarias por outras de baixo consumo e que se reformarán os cadros eléctricos e as instalacións alí onde sexa necesario.

O orzamento final do proxecto ascende a 41.000 euros, correspondendo a súa licitación e adxudicación á Deputación Provincial de Lugo. Finalmente, Severino Rodríguez incidiu en que se actuará nas distintas zonas tendo en conta o concepto de malla urbana.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Tomé, candidato do Psoe en Monforte: «Non imos apoiar a ningún goberno no que non participemos»

Seguinte Nova

Premios do Certame de poesía infantil provincial para Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: