José Tomé, candidato do Psoe en Monforte: «Non imos apoiar a ningún goberno no que non participemos»

José Tomé e Ricardo Varela o día da presentación do candidato socialista á alcaldía de Monforte. EC

José Tomé Roca será o candidato socialista á alcaldía de Monforte nas vindeiras eleccións. Un candidato que xa comunicou que o seu número dous será María José González Rodríguez, avogada de 32 anos, e máis coñecida na vila como a filla do Rabeno.

Como afronta esta candidatura?

A verdade é que aquí na comarca estas eleccións municipais son un reto. Pero tamén creo que podemos ser útiles para Monforte, así que se dou este paso é por un claro compromiso coa cidade. E un pouco con esta perspectiva afrontamos as eleccións con ilusión e tratando de explicar aos cidadáns que nos poñemos á súa disposición cun bo e renovado equipo de xente. Ser candidato supón renunciar ao seu cargo actual. Unha vez que se constitúan as corporacións terei que deixar de ser deputado e por tanto deixar ese soldo. Eu creo que esto demostra con creces que non me moven os intereses económicos, senón os intereses persoais e de Monforte.

Barallan a posibilidade de gobernar con outro partido?

O que vamos a tratar é de gañar as eleccións. Pero se os resultados indican outra cousa, somos o suficientemente responsables para facilitar a gobernabilidade de Monforte sempre e cando se den unhas condicións. O que sí temos claro é que o Partido Socialista non vai apoiar a ningún alcalde nin a ningún goberno no que nós non participemos.

De gañar as eleccións, cales son os seus proxectos?

Primeiro ver como está o concello e despois actuar. E con actuar refírome a infraestruturas industriais como o polígono, o porto seco, atraer empresas e crear emprego; despois, aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal nos dous primeiros anos e de xeito paralelo atender ao plan especial de protección do Casco Histórico; e por último, axilizar coas administracións as grandes obras pendentes.

Que balance fai do seu período na oposición?

Eu creo que fixemos unha oposición moi suave, practicamente sen críticas ao alcalde nin ao equipo de goberno, motivos polos que non deberían ter ningunha queixa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os clubes de Monforte reciben as súas subvencións

Seguinte Nova

Reforma do alumeado público en Monforte

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: