Axudas para transporte a estudantes chantadinos

O pasado 7 de febreiro, o Concello de Chantada abriu o prazo dun mes para solicitar as axudas de transporte para veciños que estuden fóra do termo municipal en centros de ensino sostidos con fondos públicos. Para optar a estas axudas, que ascenderán como máximo a un importe único de 150€ por beneficiario e curso escolar, os estudantes deberán cursar un ciclo medio ou superio de Formación Profesional, estudos universitarios ou de réxime especial, así como outros estudos non impartidos en centros oficiais do termo municipal. Os interesados deberán estar censados no concello de Chantada. As solicitudes presentaranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura (Praza do Cantón).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os veciños do rural acondicionan espazos de encontro co Plan de comunidades veciñais

Seguinte Nova

Comezan a implantarse os colectores de lixo selectivo en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: