Aberto o centro de asesoramento empresarial da provincia

Un momento da presentación do Innova Empresa. DL

O centro de asesoramento empresarial, Innova Empresa, xa está en marcha. Emprázase na sede do Inludes e está concebido coma un servizo pioneiro en Lugo que nace no marco do proxecto tecnolóxico Innova-TE para fomentar a creación de emprego, mellorar a competitividade e produtividade das empresas, e impulsar iniciativas emprendedoras mediante o uso das novas tecnoloxías. Trátase dun centro de asesoramento a tódolos niveis dirixido a emprendedores, empresarios xa en activo e artesáns, para a posta en marcha de calquera proxecto con apoio en calquera fase do mesmo.

Liñas de actuación

Empresarios, autónomos e emprendedores que o desexen poderán contar con asesoramento tecnolóxico a empresas e Pemes, asesoramento para a creación de empresas (axudas públicas, financiación, fiscalidade, ou contratación laboral, entre outras liñas), información sobre os instrumentos e os programas de financiación pública de I+D+i e asesoramento para artesáns. O horario de atención presencial e telefónica (982.250.010) é de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres. Tamén se pode contactar a través de correo electrónico, na dirección: innova-empresa@deputacionlugo.org.Ten unha páxina web (www.innova-empresa.es), mediante a que se pode acceder ao es caparate de empresas TIC da provincia, e a un test mediante o que os empresarios en potencia poden coñecer a viabiliade da súa idea de negocio. As novas tecnoloxías configúranse como un factor imprescindible para o futuro de todas as empresas da provincia a medio prazo. E este novo servizo pretende ser un paso máis de apoio e concienciación neste senso, encamiñado a dotar dunha diferenciación ao tecido empresarial nesta área. Unha guía nas TIC A elaboración da Guía TIC foi unha das primeiras actuacións de Innova Empresa. Esta publicación dixital, tamén dispoñible no portal do centro de asesoramento, está destinada a fomentar e facilitar o uso das novas tecnoloxías entre os empresarios e serve de pulo ás firmas do sector ó poder ofrecer e promocionar nela os seus produtos e servizos. A Guía TIC inclúe por outro lado unha relación de empresas tecnolóxicas da provincia de Lugo que palía o descoñecemento actual existente e serve de escaparate para que ofrezan todos os seus produtos e servizos. Polo momento, están incluídas 88. A día de hoxe existen na provincia lucense máis de 100 empresas relacionadas coas novas tecnoloxías. As 88 primeiras que colaboraron na elaboración da Guía TIC dan emprego a máis de 530 persoas e a súa facturación global ronda os 55 millóns de euros, o que supón o 0,84% do PIB da provincia. A súa actividade está relacionada na gran parte dos casos co hardware (asistencia técnica e mantemento, ou venda de equipos) con Internet e os seus contidos, e coa consultoría tecnolóxica.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria reforzará a promoción turística on line con vídeos artesanais

Seguinte Nova

Residencias da terceira idade contra o desemprego e o despoboamento en Ribas do Sil e O Saviñao

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: