Crónica del sur de Lugo

Nova pista de tenis para Quiroga: As instalacións abren durante toda a semana

As reservas para o uso da pista de tenis faranse na Casa da Cultura.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, valorou de xeito moi positivo as novas instalacións deportivas do concello, especialmente a pista de tenis que xa está en funcionamento para todos aqueles que desexen practicar este deporte. Segundo explicou, en realidade trátase dunha pista polivalente, máis ben dúas, pero unha delas exclusivamente para o tenis. “Fixemos dúas, unha para practicar todo tipo de deportes, e a outra só para o tenis. A verdade é que esta temporada coas choivas que están a caer non se está utilizando moito, pero que saiban todos que xa está lista”, engadiu. As instalacións xa están a disposición de todos, para iso hai que reservar hora na Casa da Cultura e simplemente se paga un euro por hora. Pola súa parte, a inversión en dita infraestrutura foi de preto de 59.000 euros para ámbalas dúas pistas, “ao 50%”, explicou o alcalde. En canto ao horario, os interesados poderán facer uso da mesma de luns a venres de oito da mañá a tres da tarde, e de catro da tarde a dez da noite. Mentras tanto, os sábados, domingos e festivos o horario será de dez da mañá a doce do mediodía. Aparte do tenis, o Concello de Quiroga conta tamén con outra serie de actividades de ocio e tempo libre. É o caso das escolas deportivas municipais nas que se practican outras disciplinas, unha serie de actividades formativas para nenos e adultos, e tamén clases de natación na piscina municipal.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio