Quiroga terá un museo xeolóxico e abrirá na vindeira primavera

O grupo de desenvolvemento local da Ribeira Sacra ten previsto crear un pequeno museo-centro de interpretación da xeoloxía da zona no concello de Quiroga. Segundo explicou o alcalde Julio Álvarez, o museo xa está rematado, “só nos queda a parte exterior na que vamos a facer unha especie de museo máis vivo, onde no perímetro vamos a plantar todas as especies de flora, árbores e arbustos que hai no municipio coa intención de facer unha exposición externa viva do noso territorio”. Asimesmo, na parte interior tamén se organizará unha especie de museo da natureza, que conte cunha parte importante da xeoloxía da zona. “Queremos que sexa o punto de arranque dunha ruta específica, única en Galicia seguramente, e que sería a ruta xeolóxica do noroeste”, indicou Álvarez. En canto aos prazos de execución dende o Concello teñen previsto que este museo esté en funcionamento a partir da primavera. “Primeiro queremos contar co asesoramento do Instituto Xeolóxico de Galicia, que virán en breve a visitar a zona, o que non queremos de ningunha maneira é facer unha cousa atropelada e a correr, senón ben feita, porque en teoría será o primeiro museo destas características en Galicia” sinalou o alcalde. Deste xeito, para a primeira semana de febreiro está prevista a visita do director do Instituto, Juan Ramón Vidal, para inspeccionar o local e avaliar as posibilidades que poda ofrecer o museo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Poesía Visual da man de Amárgama no Museo Etnográfico

Seguinte Nova

Nova pista de tenis para Quiroga: As instalacións abren durante toda a semana

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: