Crónica del sur de Lugo

Poesía Visual da man de Amárgama no Museo Etnográfico

No concello de Quiroga, grazas á Oficina de Xuventude en colaboración co grupo Amárgama, xa pode visitarse a exposición de Poesía Visual no Museo Etnográfico da localidade. A inauguración desta exposición tivo lugar o pasado luns día 17 de xaneiro, pero poderá visitarse ata o vindeiro 28 de febreiro. Todas aquelas persoas que desexen visitala terán que avisar con antelación na Casa de Cultura. Pola súa parte, as obras conteñen ilustracións de Roberto Rodríguez e Rocío Yuste, e fotografías de Beatriz Trincado, Gemma R. Quintana, Blanca Rodríguez, Rocío Yuste e Manuel Valcárcel, ademáis das poesías dos compoñentes e colaboradores do Grupo de Poesía Amárgama. O obxectivo principal do colectivo non é outro que a difusión cultural.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio