Crónica del sur de Lugo

Mantemento das vías municipais: Novo tractor para Ribas de Sil con cargo ao canon

Vehículo entregado ao Concello de Ribas de Sil. GPDL

A Deputación de Lugo ven de entregar ao Concello de Ribas de Sil un vehículo para traballos de mantemento e conservación das vías municipais por valor de 70.693 euros. Trátase do primeiro investimento con cargo ao canon que o organismo provincial realiza este ano en Ribas de Sil. Durante 2011, a Deputación achegará un total de 460.000 euros a este concello saldando deste xeito a débeda que o organismo provincial mantivo durante décadas con este municipio con produción hidroeléctrica. Trátase dun tractor destinado a traballar en obras, facer transportes, desbroces e, fundamentalmente, limpeza e mantemento de pistas. Infraestruturas que axudarán a mellorar os servizos prestados polo Concello, i é que ante a situación de crise actual, dende o consistorio, e tal e como asegurou o seu alcalde, Miguel Sotuela, “vamos a cumprir os servizos co mínimo coste sempre, pero nunca deixaremos de cumprilos por falta de medios. Agora mesmo estamos nunha situación na que non é o momento de escatimar, senón de seguir aportando por todos os medios, iso sí, tendo en conta sempre as limitacións coas que pode atoparse un concello pequeno como o noso, pero medidas de recorte drásticas non vamos a poñer ningunha en marcha”. O alcalde de Ribas de Sil quixo destacar que dende o equipo de goberno sempre procuraron economizar a súa xestión ao máximo posible sen reducir ningún servizo.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

Ir a Inicio