Crónica del sur de Lugo

A Casa da Cultura de San Clodio, rematada en breve

O Concello de Ribas de Sil, en colaboración coa Deputación de Lugo grazas aos fondos correspondentes á débeda do canon, realizará as obras necesarias para rematar a Casa da Cultura de San Clodio. Deste xeito, cos cartos que aportará o organismo provincial poderá realizarse a instalación eléctrica e tamén acondicionar o salón de actos instalando parte do mobiliario. Por outra banda, e continuando coas infraestruturas do concello, a asociación LugoPatrimonio realizará unha viaxe o vindeiro domingo día 30 de xaneiro para visitar o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A actividade enmárcase dentro do seminario Rehabilitación ou Destrucción, e no que ademáis deste mosteiro tamén se visitarán os de San Vicente en Monforte ou o castelo de Castro Caldelas. A saída desta viaxe para os que estén interesados farase ás oito da mañá do Instituto Lucus Augusti.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio