José Antonio García, candidato do PP á alcaldía de Sarria

O candidado do PP en Sarria, José Antonio García, acompañado polo presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo. EC

José Antonio García López repite como candidato do PP no municipio de Sarria de cara ás eleccións do vindeiro mes de maio. García foi presentado nun acto no que tamén estiveron presentes o presidente dos populares lucentes, José Manuel Barreiro, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo.

Repite vostede como candidato, como o afronta? Con moita ilusión por poder levar a cabo moitas das cuestións que quedaron pendentes hai catro anos. O propio alcalde dicía fai uns días que manexou 24 millóns de euros neses catro anos e sen embargo as grandes cuestión de Sarria están todas pendentes. Nin se levou a cabo o Plan Xeral de Ordenación Municipal, nin se lle tocou aos ríos de Sarria, nin un só metro cadrado de solo industrial, seguen os problemas de tráfico, infraestruturas como o centro de día seguen pendentes. Realmente parece increíble que un Concello tan saneado, nestes catro anos esté case na bancarrota e co maior déficit da historia.

Cre que nesta ocasión o PP sairá adiante? As expectativas que temos dende o PP son conseguir o apoio dos cidadáns que nos permita gobernar en maioría absoluta.

Para iso contou co respaldo do presidente da Xunta? É importante contar co seu apoio porque ademais o modelo de Feijoo debe ser un modelo nestas municipais para todos os concellos, apostar por unha política de control do gasto, de austeridade, e non por unha subida de impostos que creo que xa está aprobada.

Cales van a ser as súas liñas a seguir? Primeiro sanear as contas públicas, e despois continuar coas cuestións que quedaron paralizadas. O desemprego, a autovía Sarria-Lugo, e durante a campaña expoñer que hai outra forma de facer as cousas sen despilfarrar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A igrexa de San Vicente a punto

Seguinte Nova

A Volta Ciclista a España pasará finalmente por Sarria

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: