Récord de participación na V Carreira Popular Concello de Monforte

Un total de 978 corredores participaron nas categorías menores e absoluta na proba celebrada o pasado 3 de marzo

Segue aberta a inscrición para a vindeira proba do II Circuíto Leader de carreiras populares Ribeira Sacra, que será o 24 de marzo en Quiroga

A saída da carreira na categoría absoluta congregou a 380 corredores e corredoras. EC.

A V Carreira Popular Concello de Monforte bateu un récord de participación, cun total de 978 corredores entre categorías menores e absoluta. Con esta proba, deu comezo o II Circuíto Leader de carreiras populares Ribeira Sacra, que integra oito probas en cada un dos concellos da nosa comarca.

359 atletas participaron nas carreiras das categorías menores. EC.

CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍAS

Logo da celebración da carreira de Monforte, a clasificación do Circuíto Leader Ribeira Sacra está encabezada como sigue, na modalidade masculina: David Senra Amaro (categoría A), Diego Fernández Rodríguez (categoría B), Luis Iglesias Raña (categoría C), José Manuel Corral López (categoría D), Higinio Rodríguez Souto (categoría E), e Gerardo Pérez Lenza (categoría F). Na modalidade feminina, a clasifición está encabezada como sigue: na categoría A quedou deserto, Luisa González Somoza (categoría B), María Yolanda Gutiérrez Robles (categoría C), Sonia Teijeiro Ferro (categoría D), Sonia Vázquez Rodríguez (categoría E) e Lisette Halliday (categoría F). A clasificación completa nas diversas modalidades e categorías pode consultarse na páxina web www.championchipnorte.com.

A segunda das probas puntuables do II Circuíto Leader Ribeira Sacra será a IX Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar o domingo 24 de marzo na capital quiroguesa. A inscripción sigue aberta na web www.championchipnorte.com.•

Entrega dos premios aos tres primeiros clasificados nas diversas categorías.
EC.

 

Entrega dos premios aos tres primeiros clasificados nas diversas categorías.
EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Outras seis medallas en catro podios de taekwondo para os monfortinos de Neka

Seguinte Nova

Luz verde para a constitución da Confraría do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: