Conta atrás para a preparación de máis solo industrial en Chantada

Imaxe dunha das zonas da actual superficie industrial de Chantada, nos Acibros EC

As obras de ampliación do polígono industrial dos Acivros darán comezo estes días, se se cumpre o anuncio da Deputación provincial, que o pasado 14 de xaneiro aprobaba a adxudicación da obra nunha xunta de goberno provincial. Esta obra conta cun investimento de 2,8 millóns de euros, e unha superficie de 118.000 metros cadrados, unha superficie moi considerable en relación á existente actualmente. A dotación de solo industrial para a vila é agardada dende hai anos e ten suscitado non poucos problemas e movementos sociais cando empresas como a Sidrería de Hijos de Rivera demandaba solo para ampliar a súa planta, unha acción que poderá acometer cando rematen os traballos previstos por Suplusa, segundo os prazos establecidos, dentro dun ano. Máis vale tarde ca nunca, e é que o proceso anunciado xa hai máis de catro anos faise posible agora despois das longas cuestións administrativas. En total, dende 2008 o organismo provincial está executando 8 polígonos que suman máis dun millón de metros cadrados de solo industrial e máis de 15 millóns de euros de investimento. Neste sentido, continúan en marcha as obras do polígono de Castroverde, que está previsto que rematen en 2011. En 2009 finalizaron os de Ourol e Baleira e, en 2008, o de Fiol, no que só falta que a empresa eléctrica dispoña baixo terra a liña de alta tensión. Asimesmo, están en marcha os de Riotorto e Fonsagrada.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entrevista a Severino Rodríguez, Alcalde Monforte de Lemos

Seguinte Nova

O Lugo Emprega pon en marcha a maquinaria para a contratación de traballadores municipais na zona sur

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: