Entrevista a Severino Rodríguez, Alcalde Monforte de Lemos

O Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, na presentación do libro conmemorativo do 125 aniversario da cidade.

125 aniversario da cidade de Monforte:

 “A mensaxe máis importante que se quixo transmitir é que Monforte construímola entre todos e para disfrutar todos”

O Concello de Monforte ven de pechar o 125 aniversario da concesión de título de cidade a Monforte co reparto dun libro aos veciños titulado “Soñando o futuro”. Trátase dunha obra principalmente fotográfica na que en 118 páxinas se recollen a toda cor os principais cambios experimentados na cidade; en palabras do alcalde Severino Rodríguez, “o broche de ouro a esta conmemoración” Deste xeito, e dende o pasado 27 de decembro, estiveron a repartirse os primeiros 7.000 exemplares en cada domicilio de Monforte e parroquias, mentras que nos sitios non que non se atopou a ninguén na casa deixouse un papel con membrete municipal para acudir ás oficinas do Concello a recollelo. Para o alcalde de Monforte trátase da “mellor guía promocional que se puido facer da cidade”, un traballo que quixo agradecer ás empresas, organismos e comerciantes colaboradores, así como aos conferenciantes que ao longo dos últimos meses foron invitados a falar do pasado presente e futuro do municipio. Agora, esgotados os primeiros 7.000 exemplares, xa está en marcha unha segunda edición. Deste e outros aspectos do libro falamos co alcalde de Monforte nunha pequena entrevista. Que balance fai do libro conmemorativo editado recentemente polo Concello? Eu fago un balance moi positivo porque creo que foi un proxecto colectivo onde nun principio se implicou fundamentalmente o sector empresarial, ademáis da Deputación e o Eixo Atlántico e por suposto o Concello, e despois porque supuxo que en base a ese proxecto, por un lado participou moita xente no que foi a visita da exposición, e tamén porque permitiu que un grupo destacado de persoas con cargos importantes en determinados estamentos da sociedade viñeran a Monforte a reafirmala como cidade. E creo que tamén tivo unha importancia destacada nos colexios grazas ás charlas organizadas. A parte disto, teño que dicir que o libro o que fai é recoller a realidade de Monforte e poñer de manifesto todo o que temos, sendo así unha boa postal e carta de presentación da vila. Tal foi a boa acollida que os libros a día de hoxe están xa practicamente esgotados, polo que xa encargamos unha nova reedición de 5.000 exemplares máis que nos vai a permitir, ademáis de completar a distribución en todo o casco urbano, tamén no resto de parroquias a través dos locais sociais. Con todo isto só me queda dicir que si ben a conmemoración do 125 aniversario rematou o 31 de decembro, tanto a exposición como o libro, así como as persoas que deron as conferencias, nós vamos a seguir traballando con elas para seguir promocionando Monforte noutros sitios. O feito de encargar unha segunda edición pon de manifesto o éxito e a boa aceptación que está a ter o libro. Bueno, eu creo que a aceptación non é boa, é extraordinaria porque este libro ademáis de recoller o que é Monforte, tamén se convirte nun documento histórico; un documento do que foi Monforte e do que é Monforte que vai a quedar ahí para moitísimos anos en multitude de casas. Hai que ter en conta que dentro de trinta ou corenta anos as persoas que queiran facer un estudo contarán con este libro a modo de documento gráfico. Pero para min o máis importante de todo isto é si serviu para que a xente de Monforte poida valorar máis e darlle máis importancia ao que realmente temos e ao que realmente somos. Se serviu para iso, suficiente, porque do resto penso que ninguén pode discutir sobre a calidade do libro. Cales son os principais cambios que destacaría destes 125 anos? O cambio máis importante para min, ou alomenos o que pretendín que así se recollera, é o haber transmitido unha mensaxe de optimismo e de que as cousas as debemos facer entre todos, e que a cidade, se a construimos entre todos, debe ser para disfrutar todos e non só uns cantos. Con isto quero dicir que a mensaxe máis importante para min é que Monforte construímolo entre todos, e sobre todo nas cuestións máis estratéxicas participamos todos, senon a cidade non tería futuro. Eu creo que os intereses de Monforte deben estar por encima de todo interese. Isto é unha historia colectiva, e para min ese é o obxectivo fundamental. Do seu mandato como alcalde que destacaría no libro? Eu son unha persoa normal, ante todo un cidadán de Monforte, e o único que me gustaría ou que pretendo, é que aquilo que fago se valore que o fago con todo o cariño e todo o amor que lle teño á cidade na que nacín. Eu fago o que podo con toda a ilusión e sempre poñendo os intereses de Monforte por diante de todo. Se a xente percibe iso, eu xa estou satisfeito porque eu non son salvador de nada nin de ninguén, nin creo nos salvadores. En canto ao importante, pois a suma do meu esforzo coa dos meus compañeiros concelleiros e concelleiras, colectivos, empresarios e cidadanía. Iso é o importante. No libro conmemóranse 125 anos de Monforte como cidade, pero nuns meses chegan as eleccións nas que durante outros catro anos se van a seguir producindo cambios. Cales serán os obxectivos de cara a eses vindeiros catro anos? Eu preséntome ás vindeiras eleccións coa idea de repetir os resultados acadados fai case catro anos. Este non é un proxecto meu, senon que é dun grupo de goberno e dun colectivo no que se recollen as opinións de moita xente. Dito isto, para min os retos máis importantes que ten Monforte son, en primeiro lugar ser capaces de construir entre todos espazos de solo industrial que permitan achegar a Monforte novos inversores para crear emprego, en segundo lugar a posta en marcha definitiva do porto seco e das súas infraestruturas, e despois xa, eu creo que temos que seguir apostando por afianzar a Monforte como punto de referencia e consolidado así como centro de turismo, centro importante de comercio, e tamén centro onde as persoas maiores teñan uns servizos excelentes, refírome a maior atención a domicilio e máis prazas de residencia por exemplo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

El Lemos, en situación crítica

Seguinte Nova

Conta atrás para a preparación de máis solo industrial en Chantada

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: