O Lugo Emprega na zona sur

Antón Bao e Gómez Besteiro no pleno provincial que aprobou esta iniciativa

A Deputación aposta pola creación de emprego creando postos en cada un dos concellos

 A comarca de Lemos mailos concellos de Chantada, Quiroga e Sarria sumarán máis de 122 novos empregados

Todos os Concellos da provincia, agás o de Incio, confirmaron a súa adhesión ó Lugo Emprega; o programa co que a  deputación pretende reducir o número de parados na provincia ó tempo que incrementa a cooperación cos Concellos coa contratación de 711 desempregados durante 6 meses, que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter local. Sumado ao Pacto Provincial polo Emprego,invístense 12 millóns en frear o desemprego no contexto da grave crise económica, agudizada máis se cabe nos pequenos municipios do interior. No que se refire á nosa zona, a distribución por concellos, que vai en relación ao número de habitantes beneficiará a todos e cada un. Comarca de Lemos En Monforte crearánse un total de 30 empregos cun investimento de máis de 326.000 euros, sendo un dos municipios con maior volume da provincia en correspondencia co número de habitantes que posúe, despois de Lugo. No contorno da comarca, Pobra do Brollón terá 7 novos empregos ao igual que o de Bóveda e o de Sober. Pantón e O Saviñao, pola súa parte contarán con 9 postos de traballo en cada caso. Quiroga O concello de Quiroga, pola súa parte, terá outros 9 empregos, xa que o seu volume poboacional representa en torno ao 5% do total de habitantes da provincia. Sarria Máis cara o centro do territorio lucense, o Lugo Emprega creará en Sarria municipio un total de 24 novas oportunidades para outros tantos desempregados, cun investimento total de 261.000 euros. Chantada Chantada, pola súa parte contará cun total de 20 empregos no concello, a través dun investimento de 217.000 euros. Gran acollida Dos 67 municipios da provincia tan só o Incio non se adherirá porque non enviou a solicitude axustándose aos criterios establecidos. O perfil das persoas que se contratarán serán, fundamentalmente, operarios municipais que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter local. O Plan, dotado con 8 millóns estaría xa operativo. Contexto de crise Galicia ten máis paro que nunca, afirmou o presidente da Deputación, encabezando as comunidades onde máis medrou en termos absolutos -só por detrás de Castela León- e chegando a máximos históricos. A Deputación paga os salarios, e os concellos o material A Deputación asume ó 100% dos custes salariais e os custes da indemnización por finalización do contrato. Mentres, o Concello tan só ten que aportar a roupa para os operarios e o material e as ferramentas necesarias para facer as obras. . Proceso para os demandantes O 1 de marzo, como data límite, os desempregados estarán traballando nos Concellos. Os concellos empezan estes días a recibir os convenios tipo para formalizar a súa adhesión xa comunicada e o xoves publicaronse no BOP as bases deste programa. Os exames celebraránse no mes de febreiro en distintos puntos da provincia para facilitar a participación. O tipo de contratos Todos os Concellos contarán cun mínimo de 4 efectivos, de tal xeito que o máximo de traballadores, un total de 73, asignóuselle ó Concello de Lugo, que representa un 10% do Plan. A categoría dos contratantes inclúese dentro do que se denomina Operarios de Servizos Múltiples. En total, o soldo bruto de cada operario será de 1.110 euros. Nos de menos de 5.000 habitantes o organismo provincial non só financia a contratación, senón que realiza a selección dos traballadores porque os Concellos pequenos non dispoñen de todos os recursos para facelo. Valoracións O deputado popular Xosé Manuel Barreiro e presidente do PP provincial, posturouse en contra desta iniciativa e dixo que que a Deputación non é a que ten as competencias directas en políticas activas de emprego, senón a Xunta A este respecto, Gómez Besteiro criticou que fronte ó goberno autonómico que “só concedeu obradoiros de emprego nos Concellos do Partido Popular, o organismo provincial desenvolve un plan para todos os municipios da provincia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O proxecto para a nova Casa da Cultura admite propostas cidadás

Seguinte Nova

El Lemos, en situación crítica

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: