Crónica del sur de Lugo

O proxecto para a nova Casa da Cultura admite propostas cidadás

O colectivo de arquitectura Juvis manterá aberto deica finais de xaneiro un foro no que os veciños poderán opinar sobre a proposta presentada recentemente para a actualización e mellora da Casa da Cultura. A través do blog (http://casaculturasarria. blogspot.com/) creado polos cinco estudantes que elaboraron este proxecto, a cidadanía poderá aportar a súa opinión e novas ideas e, de feito, xa o están a facer coas numerosas visitas e posts introducidos nesta páxina. Na memoria elaborada polos profesionais relatanse entre outras as necesidades dun edificio un tanto obsoleto dende o punto de vista funcional. Neste blog tamén se pode coñecer a recreación do que será o novo edificio segundo o prantexa o colectivo. A reorganización dos espazos exteriores e interiores pasa por unha mudanza moi importante con respecto ao concepto actual. Entre as máis evidentes necesidades está a de ampliar o salón de actos e o espazo escénico co que conta. En canto a outras zonas como a sala de exposicións, a idea é a de conferirlle tamén unha maior funcionalidade que permita usos a maiores do propiamente expositivo como pode ser a realización de reunións ou presentacións. Doutro lado, a biblioteca, precisaría, no criterio do grupo de arquitectos, unha maior superficie tanto para a colocación de fondos como para os postos de lectura. En resumidas contas, segundo se explica na memoria, coa mesma superficie construída, pódese duplicar o espazo do salón de actos, da biblioteca, e da sala expositiva e isto conséguese reducinto os espazos de circulación, residuais e secundarios. A renovación do exterior pretende abrir este edificio á vila e integralo coas rúas. Entre outros detalles podemos ver un salón de actos coas butacas configuradas en dúas alturas ou unha nova praza e entrada para o inmoble dende a rúa Cervantes.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio