Crónica del sur de Lugo

Monforte reabriu a Biblioteca

A Casa da Cultura beneficiouse das aportacións do Plan E.

Tras máis de medio ano pechada para facer unha serie de obras de remodelación, a biblioteca de Monforte xa abriu de novo as súas portas. Tal e como explicou a concelleira de Cultura, Alicia Cadarso, a biblioteca tiña un problema de moita calor no verán e moito frío no inverno, é dicir, mal aillamento tanto na zona do tellado como na zona das fiestras. “Tratase dun edificio que ten moitos anos e as súas fiestras eran de ferro con cristal simple, e como ao mesmo tempo estaba moi iluminada con tanto ventanal, isto facía que non reunira as mellores condicións, facendo así moito frío no inverno e moita calor no verán”, indicou.  Ante esta situación pecháronse as instalacións para levar a cabo  unha serie de reformas que consistiron no cambio de fiestras por outras con dobre cristal e ponte térmica, e no aillamento dos distintos ocos con material axeitado. A maiores arranxouse a parte do tellado que tamén estaba mal aillado. “Todo isto coa idea de que o espazo sexa máis confortable e ao mesmo tempo se aforre enerxía, xa que  quentar esa zona era máis costoso antes”, engadiu a concelleira de Cultura. En canto ao retraso nas obras, Cadarso explicou que un dos motivos foi que ao tratarse dun edificio de interés cultural, había que ter un proxecto  determinado, xa que se estaba afectando á estética da construcción. “Tivemos que solucionar unha serie de peculariedades como por exemplo os marcos que precisaba a biblioteca”. Na actualidade xa funciona perfectamente e ten as súas portas abertas aos usuarios con horario normal. As obras foron financiadas íntegramente con fondos estatais aportados a través do segundo Plan E. Deste xeito, a reforma da Casa da Cultura foi adxudicada por 89.100 euros.

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio