Crónica del sur de Lugo

A Xunta anuncia prazos e importes para o porto seco

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, na reunión da CEL en Monforte.

Agustín Hernández explicou estes aspectos ós axentes sociais da zona

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantiveron o pasado mes de decembro unha reunión con axentes sociais e representantes do empresariado, de asociacións veciñais e entidades de carácter social da Comarca de Lemos; unha xuntanza que tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Lugo en Monforte e na que o conselleiro anunciou a aprobación dunha partida de 5,5 millóns de euros para a primeira fase de urbanización do porto seco monfortino, obras que comezarán este ano 2011 e que se prevé estén rematadas no 2013. Máis tarde, Hernández informou do mesmo asunto aos afiliados do Partido Popular neste concello, nun acto no que estivo presente a candidata a alcaldía de Monforte, Julia Rodríguez. O conselleiro de Medio Ambiente sinalou que “a Xunta cumpre cos seus compromisos, e un deles é o do porto seco”. Na primeira fase de urbanización está previsto traballar sobre 130.000 dos 307.000 metros cadrados dos que dispón a área loxística intermodal de Monforte. En canto aos accesos, o representante da Xunta tamén anunciou unha inversión  de preto de 20 millóns de euros nas conexións da plataforma coas vías de alta capacidade, cuxa licitación de obras farase efectiva no primeiro semestre deste ano. Finalmente, en canto a obras hidráulicas na zona sur da provincia, Hernández sinalou a inversión duns 26 millóns de euros, “dos cales 2,5 millóns irán destinados ao apoio da construción da nova estación potabilizadora de auga de Monforte”.

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio