O Concello de Chantada informou de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos está desprazada estes días na vila para realizar as inspeccións técnicas de vehículos lixeiros. Dende o pasado 31 de decembro e ata o vindeiro 18 de xaneiro, agás os días sábado 15 e domingo 16, realizaranse as revisións pertinentes en horario de nove da mañá a unha e media do mediodía, así como de tres e media a seis da tarde, agás o último día de traballo que se realizarán en horario de nove da mañá a unha e media do mediodía. É Non se pasará a inspección a vehículos con carga, nin a vehículos de tara superior a 3.500 kg (excepto agrícolas ou obras e servizos), vehículos de anchura superior a dous metros, nin tampouco a autobuses, motos e ciclomotores.Aos interesados asignaráselle día e hora directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada ou chamando ao número 609.107.306.
Últimas noticias sobre SOCIEDADE
O pasado Martes de Pascua, Monforte celebrou as honras á Virxe de Montserrat cunha misa na
Concienciación sobre as consecuencias das condutas imprudentes ao volante A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da
A xornada comezou coa visita ao colexio da Pobra, onde foron recibidos polo alcalde Xosé Lois
Na Casa da Cultura do Concello de Sober, unha vez máis as mulleres uníronse nunha xornada
Da man do Colectivo Vermut, a Fraternal está a tratar de volver á vida, logo duns