Crónica del sur de Lugo

O equipo de Xadrez do Círculo Chantadino en primeira

Os xadrecistas chantadinos nunha partida . (Circulo de Xadrez)

O Círculo Chantadino de Xadrez ven de debutar a pasada fin de semana en primeira división ante o Fischer de Moaña. Sen embargo a vitoria non puido ser xa que ao final da partida os de Moaña impuxéronse por 1-3 aos da capital do Asma. Por parte do Círculo Chantadino xogaron Hoffman, Gotera, Gutián e Ricardo, mentres que polo Fischer concurriron Bachiller, Ogando, Gonzalo e Alberto  Costa. Desta maneira o Círculo Chantadino de Xadrez só puido salvar un dos catro puntos en disputa, pero ten a ocasión de desquitarse a vindeira semana, na que se despraza ata Bueu. Alí os anfitrións veñen de gañar pola mínima na primeira xornada, pero as expectativas de acadar unha boa clasificación  en primeira división ao final da tempada que acaba de empezar mantéñense intactas para os locais. Pola súa parte, na  terceira división a xornada inaugural enfrontou ao Círculo Chantadino B co Círculo Chantadino C. Foi, segundo  representantes do Círculo, un duelo fraticida no que ambos delegados aproveitaron para facelo con xogadores dos postos baixos do taboleiro a fin de dar oportunidade de xogar ao maior número posible dos compoñentes da plantilla. Ao final o Círculo B, que inicialmente aspira a ascender a segunda división, impúxose ao Circulo C por 4-0.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio