Os últimos coletazos do canon de Chantada: Aprobada a segunda fase da construcción do agardado auditorio

Un dos inmobles do complexo en construcción

A contrataión da segunda fase das obras do auditorio municipal de Chantada por valor de 902.443 euros foi aprobada nos últimos días de decembro por parte da Xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo. A primeira execútase cos fondos do Plan E de 2010. Esta actuación inclúese dentro do canon de 2010. Segundo valoraron novamente  dende o goberno local e provincial, trátase dunha actuación moi importante porque este municipio,  que é cabeceira de comarca leva anos demandando un edificio destas características. O inmoble que se prantexa con este  investimento en concreto disporá de dúas prantas funcionais con capacidade para unhas 300 persoas. Ten un prazo de execución de 6 meses, de tal xeito que estará rematado para o verán de 2011, segundo valoraron dende o goberno provincial que executa a última parte da  débeda do canon. O centro dispón dun deseño especial, xa que a cuberta comunicará a Praza de Galicia coa Avenida de Lugo.

RECONTO DO CANON

En total, investíronse neste municipio ó longo destes tres anos preto de 5 millóns de euros, dos que máis de 1,6 corresponden á anualidade de 2010, que contempla outras  tres actuacións a parte da mencionada: demolición da Casa Sindical, acondicionamento da praza de Galicia (90.000 euros), desenvolvemento de novas tecnoloxías  160.000 euros), e rexeneración e adecentamento  de espazos públicos e de viais, fundamentalmente nas parroquias do rural (426.802 euros).

HISTÓRICO 

O Concello de Chantada presentou en setembro de 1992 un recurso contencioso-administrativo sobre a distribución do canon de enerxía hidroeléctrica dos exercicios 1981 a 1985. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou este recurso e condenou á Deputación ó seu pagamento. Tras numerosos obstáculos e a negativa do anterior equipo de Goberno a cumprir a sentenza, en 2008, a Deputación e o Concello de Chantada chegaronm a un acordo que puxo fin ó histórico conflito mediante  un acordo extraxudicial.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mercadillos en alza

Seguinte Nova

O equipo de Xadrez do Círculo Chantadino en primeira

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: