O pasado 14 de decembro, Raquel Arias Rodríguez tomou posesión como Delegada Territorial da Xunta en Lugo, nun acto presidido polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, quen destacou «o bo funcionamento» das cinco delegacións territoriais do Goberno galego «que, catro anos despois da súa posta en marcha, teñen consolidado o seu modelo de prestación de servizos aos cidadáns», e permitido reducir os custes en máis de 20 millóns de euros. Este aforro debeuse, explicou Rueda, á redución de delegados, que pasaron de 52 provinciais aos actuais 5 delegados territoriais, así como á reordenación do parque móbil, a racionalización en alugueiros e a redución no apartado de axudas de custo e gastos de representación. Según indicou o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, «todos estes elementos de racionalidade e eficacia teñen redundado en beneficios», como que se teñan axilizado os tempos medios de tramitación de expedientes.
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
Durante un encontro co goberno municipal, Ana Pontón expuxo a necesidade de apoio económico para garantir
O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou alegacións ao regulamento da escola infantil co obxectivo
O BNG de Monforte insta ao Concello a tomar medidas urxentes para abordar o preocupante estado
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, tomou a decisión de presentar unha cuestión de confianza relacionada