A asociación veciñal fai balance no seu primeiro aniversario

O pasado día 18  a Asociación Veciñal do Saviñao reunía a unhas 40 persoas na súa asemblea xeral ordinaria que serviu de repaso de todas as iniciativas impulsadas e tratadas deica o momento e das contas propias. Entre os aspectos arredor dos que se acadaron avances, sinala a directiva encabezada por Manuel Sarmiento, está o feito de que en vindeiras datas iniciarase o desbroce da rota de sendeirismo presentada por esta asociación e que transcorre entre os concellos do Saviñao e Pantón.

Plan de protección para o espazo natural da Devesa

Por outra banda, tamén se lembrou a consecución dunha plataforma para o niño das cigoñas e a presentación dun plan de protección para o emblemático espazo natural da Devesa. Pero ademais de balance, a reunión celebrouse para centrar o futuro inmediato, pensando, segundo indicaron dende a directiva, en “continuar cos labores de resposta aos problemas que xurden a cotío no concello” ou manter relación coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en aras da preocupación pola situación sanitaria da comarca. Asimesmo, o colectivo acordou prestar atención ao Plan Hidrolóxico da Confederación Hidrográfica, e as intencións de instalar unha minicentral no Sardiñeira, algo que xa foi rexeitado pola corporación municipal.

Instalación da rede Wimax e vixianza do plano urbanístico

A instalación da rede Wimax e a vixianza do plano urbanístico  son xunto a novas ideas como a organización dun concurso de tapas e  a continuación da recuperación dos tradicionais xoves de comadres e compadres iniciada na pasada tempada parte da axenda máis inmediata.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Intensa actividade de Nadal no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Dúas bibliotecas da provincia galardoadas co premio María Moliner

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

A %d blogueros les gusta esto: