Intensa actividade de Nadal no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao será como cada ano a sede central da actividade cultural deste Nadal. O vindeiro día 23 terá lugar a presentación da terceira edición do libro Circular polo Saviñao, unha publicación que conta con variados contidos e colaboracións relacionadas co municipio, e que este ano se edita con motivo do 50 aniversario da sociedade. Outra das citas é a dos xogadores de brisca, que teñen aberto xa o prazo de inscrición para o tradicional campionato impulsado polo Círculo e que se inicia nestas datas. Para darlle boa entrada ao 2011, estase a preparar o baile de fin de ano, que contará coa actuación da formación Makine, que un ano máis ofrecerá un variado repertorio pensado para a participación de tódolos públicos.Doutra banda, entrados xa no 2001, as primeiras iniciativas do Círculo pasan por unha actuación do grupo de rock dos chantadinos Ycía, previsto para a noite do 8 de xaneiro,e un interesante monólogo a cargo do actor e humorista Alberte Montes o día 15. Dende o Concello preparan tamén a ineludible chegada dos Reis Magos, que coma en cada ocasión realizarán un percorrido que se iniciará na localidade de Currelos o día 5 pola tarde, para rematar na capitalidade municipal recibindo a tódolos raparigos que desexen saudalos. Outro dos centros nos que se concentrará a actividade navideña, neste caso máis ben dirixida aos nenos, será a Biblioteca Municipal, que vén de pechar este martes 21 a data límite de entrega dos traballos do certame de poesía de Nadal e que pospón para o mes de xaneiro o obradoiro de iniciación á poesía dirixido polo autor de literatura infantil Xoán Montes.

Outro dos colectivos impulsores de iniciativas nestas datas será a asociación veciñal, que prepara as Xornadas do Románico a cargo de Flora Enriquez , os días 27 e 28 , a partir das 19:00 horas no Círculo Cultural.

O deporte tamén estará presente a través dun curso de Pilates entre o 27 e o 31 de decembro que se impartirá no Auditorio e de balde. Paralelamente, haberá actividades innovadoras coma o curso de iniciación ao teatro e expresión corporal, que ten un custe de 10 euros e que se prolongará do 27 ao 30 de decembro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Saviñao contará con residencia pública para maiores

Seguinte Nova

A asociación veciñal fai balance no seu primeiro aniversario

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

A %d blogueros les gusta esto: