Poesía para repasar a historia de Amárgama

O Museo Etnográfico de Quiroga acolle estes días e ata despois de Nadal unha exposición do grupo Amárgama. Trátase dunha serie de láminas, unas 37, que combinan poemas do grupo con ilustracións, diversas fotografías e lenzos de distintos autores. En resumo, o que pode contemplarse é a historia poética de Amárgama acompañada de fotografías.

A colección, que estivo na galería Sargadelos de Monforte de Lemos dende o pasado 22 de outubro ata o 20 de novembro, trasladarase despois de Quiroga a Lugo e A Coruña, ainda que as datas están por fixar.

O grupo Amárgama comezou coa súa traxectoria despois de que, por certas afinidades, un grupo de xente decidira xuntarse. Asi foi como comezaron a recitar por distintos lugares. Despois disto chegaría unha revista xa fai preto de catro anos. Unha revista que previsiblemente saque á rúa o seu número cinco para o mes de marzo.

Aparte de todas estas inciativas Amárgama tamén conta con un foro de participación en internet,  así como recitais dentro e fóra de España.

Agora, os seus proxectos de futuro máis inmediatos pasan por concluir o número cinco da súa revista, e tamén por organizar un concurso de poesía a nivel de institutos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actividades de Nadal para todos os gustos en Quiroga

Seguinte Nova

Samuel Juárez apoia en Bóveda a creación de novos espazos forestais

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: