Crónica del sur de Lugo

UN BELÉN CON MOITA VIDA EN RIBAS DO SIL

Escenificación do belén vivinte que dende hai oito anos se representa cada nadal neste municipio. Pablo Vidal - Concello de Ribas do Sil

Achégase o nadal e como na maioría dos concellos, en Ribas de Sil xa teñen definida a súa programación. Un ano máis trátase de repetir a mesma fórmula que en anos anteriores, xa que edición tras edición confírmase o seu éxito. Así, para este ano dende o Concello tan só decidiron ampliar un pouco máis a recreación de oficios, e tamén incluír como novidade a actuación de dous nenos da escola de música infantil, que tocarán villancicos nun dos postos que se vai incluir dentro da recreación da cidade de Belen, e onde tamén haberá pequenas actuacións de panxoliñas para animar o ambiente.

Por outra banda, levarase a cabo un concurso de postais de nadal para nenos de 3 a 12 anos, que cando remate tamén servirá para expoñelas todas na páxina web do Concello. Pola súa parte, os máis pequenos adicaranse a escribir as cartas aos reis magos.

O mesmo tempo, do día 23 o 31 realizarase un taller de manualidades aberto a todas as idades. En dito obradoiro construirase por exemplo a fachada dunha casa con pasta de modelar, e que máis tarde servirá para incluir no belen.

Mentras tano, o día 25 terá lugar un concerto de violíns na igrexa, no que soarán villancicos tradicionais entre outras pezas.

Pero o prato forte chegará o vindeiro 5 de xaneiro coa representación do belen vivinte e coa cabalgata de reis. O belen tan só se representará ese día a partir das catro da tarde. Nel, colaboran e participan preto de 50 persoas entre voluntarios e veciños que axudan tanto na cabalgata de reis como na escenificación do belen e na recreación da cidade. Trátase dunha iniciativa que soe dar bastante traballo así que normalmente comézase a preparar unha semana antes. Así, péchase o pavillón e comezan a instalarse nel os distintos postos e tamén a construir a cidade xunto co belen.

Xa arredor das cinco e media da tarde partirá a cabalgata de reis, que durará unha hora aproximadamente e transcurrirá polo percorrido habitual, un circuito arredor de San Clodio. Despois haberá filloas e chocolate, e logo da ofrenda do neno Xesús, os máis cativos recibirán agasallos tamén no pavillón. Haberá sorpresas para todos os nenos ao mesmo tempo que aproveitarán para facer as súas peticións os reis magos.

Dentro das previsións do concello estímase que o día grande visiten tanto o belen como a cabalgata de Reis arredor de cincocentas persoas, que tamén virán de outros concellos limítrofes e non só de San Clodio. Así por exemplo, o ano pasado compráronse 200 xoguetes para repartir entre os máis pequenos e esgotáronse todos.

E isto porque non se trata simplemente dunha recreación, senon dunha tradición que ven de moito tempo atrás, xa que a cabalgata de reis leva percorrendo as rúas do concello de Ribas de Sil dende hai alomenos trinta anos. E o mesmo pasa co Belen, que dende que se lle ocorrera a idea a un traballador do concello sentou un precedente que a día de hoxe continúa, e leva representándose dende hai oito anos grazas á colaboración dos veciños.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio