Unha exposición leva a música de Brollón á capital de Rumanía

O músico de Pobra de Brollón, Alejandro González, xunto co fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel, ven de inaugurar unha exposición audiovisual no Museo Nacional de Historia de Bucarest, baixo o título Memoria de Peregrinación. Trátase dunha mostra composta por un vídeo e 53 fotografías tomadas nunha viaxe que transcorreu por Bulgaria, Hungría, Austria, República Checa, Eslovenia, Italia e o norte de España, rematando en Santiago de Compostela, e que poderá visitarse ata o 15 de xaneiro.

Trátase dunha peregrinación moi persoal acompañada de música, na que estes dous artistas galegos se mostran atentos á tradición cultural e á sensibilidade relixiosa que impregnan os distintos lugares e camiños.

O obxectivo desta exposición é amosar a pluralidade e a riqueza dunha Europa que se esta a comunicar a través dos itinerarios que levan a Santiago de Compostela. Pero a intención última é a de afondar en que o Camiño de Santiago, se converte no primeiro itinerario cultural de Europa.

A mostra audiovisual poderá visitarse de mércores a domingo de nove da mañá a cinco da tarde. Posteriormente, trasladarase a Sofía.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Certame de poesía e baile de fin de ano para os veciños da Pobra de Brollón

Seguinte Nova

Os rapaces, protagonistas do Nadal en Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: