A Casa da Cultura de A Pobra do Brollón acollerá unha cata de viños

Promocionar os viños das cinco Denominacións de Orixe galegas a través da sensibilización do consumidor final é o obxectivo da cata de viños que se desenvolverá na Casa da Cultura “Olga Novo” de A Pobra do Brollón entre os días 2 e 4 de maio, en horario de 20 a 22 horas.

O coñecemento dos viños das cinco Denominacións de Orixe galegas resulta un apoio ao seu consumo. Arquivo EC.

ÉXITO DE CONVOCATORIA

Esta iniciativa, promovida polo Concello en colaboración coa Asociación Galega de Viticultura, e financiada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, está a conseguir un éxito de convocatoria. Segundo declarou Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura en A Pobra do Brollón, “case unha semana antes da data prevista xa tiñamos as trinta prazas cubertas, e aínda había solicitudes en lista de espera”. Este interés da cidadanía por coñecer os viños galegos a través da guía dun experto coincide coa recuperación desta iniciativa no concello de Brollón, “onde había moitos anos que non se organizaban este tipo de iniciativas”, suliña Rodicio.

COÑECER MÁIS PARA VALORAR MELLOR OS VIÑOS GALEGOS

A necesidade deste tipo de eventos básase no feito de que “a maioría dos consumidores descoñecen moitas das cousas que se están a facer nas Denominacións de Orixe galegas”, o que provoca a paradóxica situación de que “tendo uns excelentes viños en nada menos que cinco Denominacións, o selo que máis vende en Galicia non é galego”, explica Rodicio. “Estamos convencidos de que un mellor coñecemento dos nosos viños contribuirá dalgún xeito á mellora competitiva do sector enolóxico do país”, destaca Ricardo Rodicio. “É un xeito de potenciar as nosas áreas produtivas, como é o caso da propia Vilachá”, comenta.

OS SENTIDOS DIANTE DUN VIÑO

A cata de viños galegos organizada polo Concello de A Pobra do Brollón estará guiada polo catador e enólogo Roberto Regal López. A actividade está distribuida en tres xornadas, a primeira das cales abrirá cunha iniciación a cata, a elección de cataviños e cómo actúan os sentidos diante dun viño, para o que se comentarán as cores dos viños, a proba con aromas básicos e defectos, e se realizará unha cata cega dun viño branco e outro tinto para exercitar as técnicas aprendidas.

A segunda das xornadas estará adicada a traballar os viños brancos en cata. O enólogo fará unha introducción ás castes brancas e zonas vitícolas de Galiza, para continuar cunha cata de 6 ou 7 viños escollidos entre as zonas do país (Rías Baixas, Barbanza, Monterrei, Valdeorras, Ribeiro e Ribeira Sacra). Por último, a terceira xornada centrará a cata de viños tintos, onde se probarán e comentarán viños tintos de cada Denominación de Orixe para ver as diferenzas que poden aparecer en canto a elaboración de cada adega, así como a pegada que deixan as castes empregadas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comeza o ano do ilustre Dr. Casares

Seguinte Nova

Traballando para mellorar

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: