O programa, posto en marcha pola Deputación de Lugo, desenvolverase nunha viaxe dun día polo nacemento do Miño en Meira, a lagoa de Cospeito, Finca Galea de Alfoz e o Centro de Interpretación Terras do Miño en Lugo, para coñecer as características da fauna e a flora destes espazos, e a importancia da auga neles, os recursos etnográficos (muíños, batáns…) e lendas típicas de cada zona. Tamén se lles darán nocións de como coidar o medio ambiente e conservar o ecosistema. Realizarán xogos e actividades, tipo gincana, como encontrar coa axuda dunha brúxula, a través de pistas e cos monitores, obxectos escondidos, como cámaras de fotos ou prismáticos, cos que tomarán imaxes dos recursos da Reserva que se colgarán na web institucional.
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre