O eido rural recibirá formación sobre consumo a través das accións de Preescolar na Casa

A directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, e a presidenta da Fundación Preescolar na Casa, María Soledad Fernández Rocha, durante a presentación do acordo. GPCEI.

Fomentar o consumo responsable dende a infancia é o obxectivo do acordo firmado polo Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, e a Fundación Preescolar na Casa. Este obxectivo materializarase a través de distintas accións formativas e de información que se desenvolverán ao longo de todo o ano.

DIVULGACIÓN NO EIDO DO CONSUMO PARA 3.000 FAMILIAS

Segundo informaron a directora xeral de Comercio e presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Nava Castro, e a presidenta da Fundación Preescolar na Casa, esta iniciativa permite achegar a actividade da Escola Galega de Consumo, que atendeu o ano pasado a máis de 10.000 usuarios no ámbito formativo e divulgativo, ás persoas e familias do medio rural, ámbito principal de actuación desta Fundación que desenvolve un programa de formación para pais e nais que atende de forma directa a preto de 3.000 familias en toda Galicia.

Entre as actuacións previstas inclúense programas de formación en materia de consumo dirixidos aos profesionais que traballan na Fundación e tamén ás propias familias, así como a elaboración de material divulgativo. Ademais, o acordo servirá para afondar na difusión dos dereitos dos consumidores e consellos sobre a seguridade dos produtos a través do programa da TVG Preescolar na Casa e medios de comunicación nos que ten presenza a Fundación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta destina 350.000 euros ás axudas para a mellora e comercialización de produtos apícolas

Seguinte Nova

Obras en Chantada nas estradas provinciais

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: