Crónica del sur de Lugo

O CONCELLO DE SARRIA É RECOÑECIDO COMO MUNICIPIO TURÍSTICO

Cerviño: “Canta máis relevancia se lle dé ao concello a nivel turístico mellor, porque iso atraerá xente a Sarria en calquera época do ano”. Garrido: “La puesta en valor del concello de Sarria era un objetivo muy perseguido que se ha visto cumplido con este reconocimiento”

Trala proposta da Consellería de Cultura e Turismo a comezos do mes de decembro do concello lucense de Sarria como Municipio Turístico Galego, a Comisión de Valoración ven de aprobar esta iniciativa de recoñecemento ao ter en conta a ampla variedade de recursos turísticos que posúe este concello, tales como o seu patrimonio monumental, cultural, gastronómico, artesanal, natural e etnográfico.

Deste xeito, para o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, trátase dun feito moi importante que xa no ano 1999 tivo o seu primeiro intento de conseguir a declaración de Municipio Turístico. “Creo que este gobierno, desde que empezamos y sobre todo desde la concejalía de turismo, se había marcado como objetivo prioritario la puesta en valor del concello de Sarria, y sobre todo desde el punto de vista turístico”, explicou Garrido. Tratábase dunha meta a conseguir que agora supón adquirir certo recoñecemento, “porque el ser Municipio Turístico no significa que te den un nombre, sino que has cumplido unas condiciones importantes en las instalaciones hosteleras, turísticas y demás para poder realmente ofrecer a todos los ciudadanos un lugar de calidad turística”, engadiu o alcalde.

Para Garrido o feito de conseguir este recoñecemento supón obrigar agora ao Concello a seguir facendo un esforzo para mellorar de cara a vindeiros obxectivos, e sobre todo, de cara á oferta pública do Concello.

Pola súa parte, para o presidente do Centro Comercial Urbano de Sarria, José Manuel Cerviño, adquirir este recoñecemento supón un paso importante non só para o comercio, senon tamén para toda Sarria e para a comarca. “Canta máis relevancia se lle dé en sí ao Concello dentro do panorama turísitco, sobre todo, pois mellor, porque á larga atraerá a máis xente que pase a visitarnos en calquera época do ano, e iso sempre supón un beneficio para o comercio, pero tamén para os veciños”, indicou o presidente do CCU.

O alcalde de Sarria tamén explicou que a declaración final xa pasou todos os trámites necesarios e so se atopan á espera de que sexa aprobada en Consello da Xunta de Galicia.

Recursos turísticos máis que sobresaíntes

Esta declaración dun concello como Municipio Turístico Galego concédese normalmente a aqueles lugares que o solicitan e posteriormente cumpren os requisitos fixados. Así por exemplo, o concello de Sarria forma parte da ruta xacobea do Camiño Francés, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1993.

Ademáis, conta con abundantes mostras de arquitectura relixiosa e civil, como por exemplo a Torre da Fortaleza ou o Convento da Madalena, entre outros. No entorno rural o estilo románico ten a súa presenza en multitude de igrexas como a de Santiago de Barbadelo, declarada Ben de Interese Cultural no ano 1980.

Asimesmo, a maiores de todo isto conta con diversos espazos naturais nas marxes dos ríos Sarria e Celeiro, onde se atopa o coñecido como Roteiro das Aceas, unha ruta de sendeirismo de máis de seis quilómetros de longo, xunto ás numerosas festas e feiras tradicionais da vila, entre elas a feira anual de antigüidades.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir a Inicio