Monforte e Sarria beneficiaranse do fondo extraordinario de obra pública provincial con cadanseu millón de euros

Os concellos de Monforte e Sarria beneficiaranse do chamado Plan Complementario dotado con 9,5 millóns de euros e que está destinado aos nove municipios máis poboados da provincia ou que funcionan como motores comarcais.

Estes municipios, que engloban a máis da metade dos habitantes da provincia, ao mesmo tempo quedaran excluídos doutros convenios provinciais como o do canon ou o de pequenas infraestruturas.

A pasada semana os rexedores locais destes concellos, entre eles Severino Rodríguez e Claudio Garrido, asinaban o convenio que permitirá executar novas obras, “sen aumentar a débeda pública” segundo manifestou José Ramón Gómez Besteiro, xa que estes investimentos pertencen a ese fondo extraordinario.

O Plan, que beneficia a 176.000 veciños, está destinado á dotación de infraestruturas básicas e demandadas polos Concellos, así como á mellora de equipamentos existentes nos municipios de Vilalba, Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Viveiro, Foz e Burela, ademais de Sarria Monforte. A Deputación asume o custe total destas actuacións, incluídas dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública agás en  Sarria –que, debido ao elevado investimento, a obra, correspondente á construcción da piscina climatizada será co financiada polo concello, cun investimento total de 1.457.000 euros-. Mentres, os restantes concellos percibirán cadanseu millón de euros de investimento total.

Monforte, 1 millón para tapar buracos

No caso de Monforte o acordo inclúe a execución de 6, das que destacan a anunciada e xá iniciada com outras partidas, reforma do Centro da Terceira idade cun orzamento de 350.000 eutos. Por outro lado está o mantemento do parque de bombeiros de Monforte con 150.000 euros e a mellora dunha serie de viais por valor de 229.502 euros.

No rural, a rehabilitación da Casa-Escola da Penela e das igrexas de Marcelle e Piñeira estarán tamén no plan complementario con algo máis de 121.000 euros, pero á zona urbana tamén lle toca algo con pequenas melloras nalgunhas prazas, sinalización en Marcelle e decorado dos buses urbanos cun total de 108.000 euros. Ás carencias existentes na rede de alumeado público reservaranse 41.049 euros que servirán para resolver parte dos problemas en varias zonas.

O Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con preto de 22 millóns de euros, fora creado para manter os postos de traballo que dependían da licitación de obras, co fondo complentario acometeranse un total de 70 que foron pactadas cos rexedores locais dos 9 municipios.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo, a provincia na que máis creceu o número de turistas durante o 2010

Seguinte Nova

Denuncian a anulación da maioría das subvencións das Unidades de Promoción e Desenvolvemento da provincia por parte da Xunta

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: