Abonadas as axudas do ARI en Monforte, Quiroga e Sarria

O Instituto Galego da Vivenda e Solo fixo efectivo o pago de máis de 9,6 millóns de euros de axudas estatais destinadas a áreas de rehabilitación correspondentes a axudas do Plan de Vivenda. Según informou este organismo público, as axudas que o IGVS fixo chegar a 29 concellos galegos son subvencións que o Ministerio de Fomento non puido pagar directamente a causa dun informe negativo da Intervención Xeral do Estado emitido a finais de xullo de 2011. A colaboración entre o Ministerio e a Xunta fixo posible o desbloqueo de ditas axudas, que o Ministerio paga ao IGVS e é este organismo o que se encarga de trasladar aos respectivos concellos. A intervención do IGVS foi posible grazas ao acordo do Consello da Xunta de Galicia, que a finais de novembro de 2011 autorizaba ao Instituto a asinar o correspondente acordo bilateral co Ministerio. Entre os concellos beneficiados con estas axudas están Monforte de Lemos, Quiroga e Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Alberto López Amaro, promotor de los convenios R.A. contra la crisis:

Seguinte Nova

Jesús Miguel Domínguez, presidente del ANPA del CEIP A Gándara:

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: