Lugo, a provincia na que máis creceu o número de turistas durante o 2010

Presentación dos datos de turismo a nivel provincial en Lugo.

Iniciativas enmarcadas no ecoturismo tales como o Galaico Expreso, o tren que o organismo provincial ofreceu como alternativa ós catamaráns ante o baleirado do Sil que levou a cabo Iberdrola,  fixeron que a Ribeira Sacra pasara dos 1.500 visitantes durante 2009 aos 20.000 deste ano. Esta valoración despréndese da presentación dos datos de turismo a nivel provincial que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján, ofreceron nos pasados días en Lugo. Segundo este informe, Lugo é a provincia galega que experimentou o maior incremento no número de viaxeiros durante 2010. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, esta porcentaxe sitúase no 16,19%, fronte ó 14,45% da Coruña; o 9,80% de Pontevedra; e o 3,60% de Ourense.

O segredo do éxito

As estratexias de promoción de Lugo cara ao exterior e a aposta pólo medio ambiente serían, en opinión do máximo mandatario provincial os segredos deste éxito nun contexto de crise. Precismente a tenor do momento de contración do gasto, a responsable de Turismo da Deputación, a monfortina Veja Buján, destacou que a província rompe con tódolos promedios e previsións. Nos datos turísticos do INE compre non esquencer ademais o forte tirón que o paso de peregrinos teria suposto para moitas zonas da provincia, especialmente a comarca de Sarria.

Como representantes das cifras acadadas na nosa zona, acudiron a esta presentación o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e a presidenta da asociación de establecementos de turismo rural Lugosur, que engloba a meirande parte destas empresas nas comarcas de Lemos Chantada e Quiroga.  Martínez explicou que malia que o rural tamén experimentou un aumento no número de visitantes, este foi menor que nas restantes zonas da provincia. Neste senso, o titular do organismo provincial lamentou que o Executivo galego baixase nun 51% a partida adicada ao fomento do turismo no rural no Orzamento de 2011. Pero, a pesar disto, Lugo é a provincia que distribúe de maneira máis equitativa os seus visitantes xa que do total, das 483.119 persoas que pernoctaron durante 2010, o 19,98% fixoo na capital, e o 80,02% no resto da provincia. Superados proxectos como o Barco Muralla de Lugo, aula turístico medioambiental que está a percorrer o país cunha mostra dos recursos de Lugo; o Lugo Terra, o bus que promocionou a provincia por toda a península; ou a certificación medioambiental de 21 areais lucenses que converteu á Mariña na terceira costa de España co maior número de praias avaladas pola Unión Europea, é o momento de afrontar novos retos, no criterio de Vega Buján. Nesta liña Lugo será en febreiro sede dun congreso internacional en materia turística que servirá para estudar novas fórmulas de xestión nesta área a nivel provincial. No acto, tamén estiveron os alcaldes de Lugo, José López Orozco e Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, así coma o Presidente das Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real e de Turismo Rural da Mariña, Manuel Vicente.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O comercio local prevé repuntar no consumo

Seguinte Nova

Monforte e Sarria beneficiaranse do fondo extraordinario de obra pública provincial con cadanseu millón de euros

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: