O comercio local prevé repuntar no consumo

O presidente do CCU de Monforte, Germán Vázquez, quen agarda unha campaña de nadal moi semellante á de outros anos, tamén destacou o potencial dos mercados temáticos. EC

A piques de rematar o ano, o presidente do Centro Comercial Urbano monfortino, Germán Vázquez, fai un pequeno balance e repasa os principais aspectos relacionados co comercio da vila, como por exemplo os beneficios da nova lei de comercio, como estiveron a funcionar os mercados temáticos da praza de España ou as previsións para este nadal.

Como se presenta a campaña de nadal?

En principio ben, ainda que creemos que pode existir un pouco de recorte á hora de facer gastos. Pero somos optimistas.

Os horarios van a ser os mesmos que noutras épocas do ano?

O horario comercial en Monforte para os nosos asociados vai a ser de dez da mañá a unha e media do mediodía, e logo polas tardes de catro e media a oito. A maiores disto, tamén vamos a procurar e a insistir en que todos os comercios abran os sábados pola tarde. Por outra banda, a día de hoxe non temos coñecemento de ningún establecemento que vaia abrir os domingos. Tamén é de destacar que seguiremos contando cos mercados da praza de España como apoio á campaña de nadal.

Tal e como se presenta a situación económica actual preparan algunha iniciativa especial para afrontar a crise?

Novidades non. Para facer fronte á crise económica contaremos con actividades semellantes ás de outros anos. É de mencionar a colaboración cos mercados de Monforte, o tema da iluminación ou a animación que se vai desenvolver polas rúas. Pero actividades a maiores non porque entedemos que con todo isto tampouco poderíamos abarcar máis.

Como están a funcionar os mercados da praza de España?

Pódese dicir que empezaron timidamente. Ademais tampouco axudou moito a climatoloxía que tivemos nin o temporal de neve. Isto fai que a xente saia menos á rúa e consecuentemente se merque pouco. Por este motivo e en primeiro lugar dende o CCU queremos darlle as grazas aos comerciantes pola súa participación e tamén pola confianza depositada en nós.

Aparte disto, creemos que pouco a pouco irán arrancando, xa que se trata dunha iniciativa que temos prevista como a lonogo prazo, e que sirva para incentivar as compras nos mesmos postos e tamén no resto de establecementos.

A idea é que teña continuidade e que co tempo sexa un referente tanto para a comarca como para o exterior. Agora mesmo entendemos que van un pouquiño lentos pero co paso dos días agardamos que vaian mellorando.

Un deses mercados será ecolóxico. Como cre que será acollido?

En dito mercado nós só participamos con tres asociados, pero as perspectivas son moi boas porque preveemos que contará con máis xente da comarca e tamén de fóra. Ahí poderán verse produtos como a marmelada, cafés e un sinfín de produtos agroecolóxicos. A temática non está tan relacionada co noso comercio, pero estamos moi contentos de que poda levarse a cabo aquí porque vai a ataer a máis xente.

Todo é comercio, e como tal, contan xa con algunha novidade con respecto á nova lei? 

Non, en principio non. De momento só sabemos o que xa se coñece. Tiña que estar aprobada agora, ou nestes días, pero pouco máis sabemos. Tivemos unha reunión fai pouco tempo e despois da mesma estamos moi ilusionados e agardando a que entre xa en vigor, como moi tarde a comezos do ano que ven.

En que vai a beneficiar ao comercio local?

En primeiro lugar será un gran autorregulador para nós mesmos, tamén posteriormente para a comarca, máis tarde a nivel da zona sur e por suposto tamén para a provincia. En segundo lugar estamos moi contentos porque vai a cambiar unha lei obsoleta. E o terceiro aspecto positivo que destacamos é que a nova lei do comercio fomentará e favorecerá o pequeno comercio. É dicir, a partir de agora quedan reguladas as grandes áreas, quedamos amparados con respecto a grandes centros comerciais. No momento en que unha grande superficie se pase de metros xa vai a intervir a Xunta de Galicia. Con todo isto entendemos a nova lei como unha aposta polo pequeno comercio e de proximidade.

E pode perxudicalo nalgún aspecto?

Non, para nós de ningunha maneira. Era unha lei moi desexada á que só lle atopamos aspectos positivos.

A piques de rematar o ano que balance se fai dende o CCU?

Notase a crise, pero temos que facer un balance positivo. Xa non digo que sexa maior ou menor que outros anos, máis ou menos mantense así que para nós é ver o vaso medio cheo. Ademais o comercio segue mantendo prezos semellantes e o consumo está a ser igual que o de anos anteriores. Tamén hai que destacar o feito de que nesta zona mantéñense  os negocios. Non pecharon locais, ó contrario, ainda abriron máis baixos e contamos con preto de 20 novos asociados. En definitiva, somos optimistas.

E para o nadal prevese algunha baixada?

As previsións apuntan a que o gasto vai ser inferior, pero son iso, previsións que hai que facer. Dende o Centro Comercial Urbano agardamos un gasto moi semellante ao de outros anos.

1 Comment

  1. Decirle a éste sr. que el pleno de las Cámaras de Comercio está constituído por empresarios democráticamente elegidos en diferentes ternas según los sectores. El hecho de que éste sr. quedará excluído ha sido por elección totalmente democrática y porque los tres empresarios representantes de su sector elegidos están muy por encima de las cualidades tanto personales como empresariales de éste sr.. Supongo que su ego, afán de protagonismo y prepotencia, unido a su ignorancia de la Ley de Cámaras le han llevado a estos comentarios, pues dicha Ley indica que la representación en las Cámaras es «SECTORIAL», el comercio está bien representado, no «TERRITORIAL», no tiene que haber un representantre del norte, sur o centro, «SECTORIAL» sr. Vázquez ,»SECTORIAL».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrincan os mercados monográficos de Monforte

Seguinte Nova

Lugo, a provincia na que máis creceu o número de turistas durante o 2010

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: