Crónica del sur de Lugo

Lois Pereiro: homenaxe dos centros escolares a través do concurso-exposición das Letras Galegas

Con motivo da celebración do próximo Día das Letras Galegas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso a través do que os centros educativos poderán achegarse ao autor homenaxeado en 2011, Lois Pereiro. A iniciativa baséase na elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do escritor monfortino e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu. Deste xeito, o eixe temático da exposición será a obra e a época de Lois Pereiro, observada desde unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percorrido biográfico sexa só un pretexto para abordar unha realidade complexa e heteroxénea.

A convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2011 está dirixido a todos os centros de ensino. O concurso consta de dúas categorías: unha para os centros de educación infantil e primaria e outra para o resto. As exposicións presentadas en cada unha das categorías deberán constar de 15 carteis de 70 x 100 cm. Así mesmo, para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa observación e fomenten o labor de investigación do alumnado. Estas deberán xuntarse á exposición en forma de guía ou cuestionario e a súa extensión non superará as 25 páxinas. O prazo de presentación dos traballos remata o 14 de febreiro de 2011.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio