A Conselleira de Traballo e Benestar visitou Quiroga para alabar o traballo municipal de integración

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na visita á residencia de maiores de Quiroga, acompañada polo alcalde da localidade, Julio Álvarez.

Quiroga recibiu a visita da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que o pasado 23 de novembro se achegou á localidade para alabar a tarefa de inclusión social que se ven realizando neste concello coas persoas de etnia xitana. Acompañada polo alcalde da localidade, Julio Álvarez, Mato visitou o barrio de Touceda e comprobou os resultados da iniciativa que están a realizar o Executivo autonómico e a entidade local. O equipo comarcal especializado en integración social de Monforte de Lemos está a traballar con 15 persoas deste colectivo na definición dun itinerario individualizado de inserción e no acompañamento das accións deseñadas.

Durante a súa visita a Quiroga, a conselleira subliñou a “estreita” colaboración institucional entre a Xunta e o Concello, e deu como dato o incremento do 49,5 % dos fondos que se dedicarán a esta localidade a través do Plan Concertado con respecto a 2009. En concreto, Traballo e Benestar ten aumentado nun 66,5 a achega para sufragar o servizo de axuda no fogar, e anunciou que ten renovado o programa ‘Xantar na Casa’.

Asimesmo, Beatriz Mato visitou a residencia de maiores, que destacou como unha das “máis importantes” achegas do Goberno galego á localidade lucense, e á que se destinarán máis de 1,4 millóns de euros para o mantemento das súas 88 prazas en 2011. Respecto á proposta do alcalde de crear un centro de día no Concello, a conselleira comprometeuse a tentar dar unha resposta á petición nesta lexislatura.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convocatoria Premio Fiz Vergara

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra, promocionada dentro e fóra

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: