As EOI lucenses incrementaron a matrícula nos últimos anos

As Escolas Oficiais de Idiomas da provincia de Lugo rexistran este curso unha matriculación de 3.176 alumnos en ensinanzas regradas polo réxime oficial na modalidade presencial, o que supón 613 máis que no curso 2008/2009, é dicir un incremento do 24% do alumnado destes cursos en catro anos. Unhas cifras que ademais se verán incrementadas unha vez se dispoña dos datos de matriculación nos cursos específicos que ofertan este centros, segundo informaron dende a Consellería de Educación. As EOIs lucenses ofertan este curso prazas en 193 grupos de ensinanzas regradas, nos idiomas de inglés, francés, alemán, italiano, galego e portugués; prazas repartidas entre as escolas de Lugo, Monforte, Ribadeo e Viveiro. Deste xeito o número de grupos ofertados medra un 15,6% respecto do curso 2008/2009, con 26 grupos máis. As medidas implementadas nas Escolas Oficiais de Idiomas enmárcanse na aposta que a Xunta de Galicia vén facendo, segundo indicaron, polo impulso da aprendizaxe de idiomas, fundamentalmente a través do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha monfortina no Senado

Seguinte Nova

Uns 400 pacientes desviados do ambulatorio de Escairón

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: