Presentado o XL Nadal de Begonte, un dos maiores atractivos da provincia da tempada

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentou a XL edición do Nadal de Begonte, que cada ano atrae a centos de visitantes durante as festas navideñas. Arias destacou que o belén de Begonte e todo o movemento cultural e social que hai arredor del representa “un gran exemplo vital para todos nós”. Este evento engloba un abano de propostas culturais que se desenvolven ao longo de case dous meses e que ten como máis destacada manifestación o xa tradicional belén electrónico. Na presente edición, o pregón de apertura correrá a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. En canto as iniciativas culturais que engloba o XL Nadal en Begonte, o mesmo día da inauguración actuará o Orfeón Lucense, para continuar en datas posteriores cos certames de xornalismo –patrocinado pola Xunta de Galicia-, poesía, debuxo infantil e o Certame Galego de Arte, todos eles convocados polo centro cultural José Domínguez Guizán.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 92 millóns de euros, orzamento provincial para 2012

Seguinte Nova

Laura Naranjo y Patricia Suárez regresan para reforzar al equipo de voley de A Pinguela

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: