Crónica del sur de Lugo

O BNG pregunta á Xunta sobre a finalidade das novas vivendas do rehabilitado Hotel Comercio

O pasado 25 de novembro, a deputada do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Isabel Sánchez, rexistrou unha iniciativa parlamentaria para coñecer a previsión que manexa a Xunta para adxudicar as vivendas protexidas en aluguer para mozos previstas no proxecto de rehabilitación do antigo 

Hotel Comercio. A reforma deste emblemático inmoble de Monforte de Lemos estaba prevista para o mes de maio, polo que Sánchez inquiriu ós responsables autonómicos sobre cal é a situación actual das obras, e que prazos manexan para dar por rematado este proxecto. Sánchez manifestou as súas dúbidas respecto ó destino final deste espacio, baseándose na demora das obras.

A deputada monfortina recordou que esta actuación estaba destinada a protexer o patrimonio do centro da cidade e a facilitar o acceso á vivenda dos mozos.

 

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

Ir a Inicio