Crónica del sur de Lugo

Nadal Cultural en Ribas de Sil

Dentro das liñas de actuación para as datas do Nadal no concello de Ribas de Sil realizaránse diferentes actividades de lecer e aportes culturais para festexar estas datas.

O día 25 o cuarteto de corda “Campo de Estrelas” achegará na igrexa de San Clodio a música clásica e a tradición das interpretacións de panxoliñas propias destas datas. Asimesmo, contarase coa cabalgata dos reis e a recreación do Belén do Nadal no pavillón de deportes.

Novas actuacións

Continuando coa liña levada  no 2010 os proxectos relacionados coa dotación de infraestructuras e melloras nos equipamentos do Concello e a creación de empregos para a súa realización son ámbitos prioritarios. Entre estes proxectos podemos atopar a iluminación nos paseos fluviais, a recuperación das áreas naturais e mellora das escolas entre outros, que destacan pola súa novidade e carácter dinamizador, como é a creación dunha escola de pesca co que se potenciará a importante tradición neste deporte na que os afeccionados terán un punto de encontro e poderán compartir os seus coñecementos. Outro dos proxectos innovadores e a creación dun parque habilitado cun circuito para bicicletas detrás do colexio de San Clodio e así, ademáis de recuperar un espazo en desuso, apórtase á xente xoven unha nova alternativa de lecer

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio