Crónica del sur de Lugo

RIBAS DO SIL: UN ANO DE PROXECTOS PARA MELLORAR A SÚA IMAXE

Ribas do Sil aposta polas infraestruturas que melloren a calidade de vida da poboación. Con. Ribas do Sil

O Concello remata proxectos encamiñados á mellora da calidade de vida dos cidadáns, ademáis de ofertar maior atractivo turístico para os visitantes    

As diferentes actuacións levadas dende o Concello de Ribas do Sil durante o 2010 fixeron posible a consecución de diferentes proxectos encamiñados á mellora das dotacións en infraestructuras e de equipamentos cos que contaba o concello.

Estas liñas de actuacións foron posibles grazas os diferentes proxectos presentados e á súa aprobación polas entidades emisoras das convocatoria.

Plan Ágora

O plan Ágora e unha liña de actuación cofinanciada pola Dirección Xeral de Comercio para os anos 2010-2013 destinadas a modernizar os equipamentos comerciais dos concellos que solicitan a subvención co fin de mellorar a estética dos espazos urbanos, reforzar o atractivo das zonas comercias e impulsar deste xeito o sector comercial dos concelllos.

Nesta liña de subvención o Concello de Ribas do Sil presentou un proxecto que foi aprobado para a mellora da imaxe do entramado urbano comercial de San Clodio que consiste na eliminación do negativo impacto visual que supoñen os contenedores, a dotación conseguida foi de 15.048,00€ o que supuso aproximadamente o 50% do total necesario.

Plan leader

As melloras na praia fluvial, a posta en valor da Ruta da Cubela e a mellora da imaxe do núcleo urbano foron os proxectos aprobados polo GDR Ribeira Sacra para Ribas do Sil no 2010 o que supuxo un investimento en axudas directas de 53.950,44 euros, dos 86.528,39 euros necesarios para realizar as obras.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

Ir a Inicio