Crónica del sur de Lugo

O IES Daviña Rei celebra o seu 40 aniversario cunha cea

O director do centro lembrou vellos tempos. EC

O vindeiro 21 de decembro o IES Daviña Rei celebrará o seu 40 aniversario cunha gran cea que terá lugar ás nove da noite no restaurante Don Manuel. A iniciativa foi presentada onte xoves no mesmo centro, da man do seu director, Vicente Docasar, quen aproveitou a ocasión para lembrar vellos tempos e tamén os inicios do centro. A intención é convocar tanto a antigos alumnos como a antigos profesores, así como aos que na actualidade están a traballar e a estudar no instituto.Para asistir a esta cea é preciso recoller unha entrada que xa está dispoñible tanto nas instalacións educativas como no restaurante. Segundo explicou o director do IES Daviña Rei, tratase de convocar ao maior número posible de xente, de ahí que tamén se escollera como data de celebración o día antes do comezo das vacacións de nadal. A última experiencia semellante atopámola no ano 2000, cando se celebrou o trinta aniversario destas instalacións. Por aquel entón xuntáronse varios centos de persoas, explicou Docasal. O IES Daviña Rei tal e como se coñece hoxe en día foi inaugurado no ano 1970, ainda que a historia dos distintos estudos neste centro remóntase á década dos anos 40. Na actualidade conta con estudos de FP, ESO, Bacharelato, Aula Mentor e estudos a distancia, estes últimos a aposta forte do centro. A cea de aniversario ven a ser o acto de culminación a un ano repleto de eventos.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio