Foro pola Igualdade

A chantadina Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. GPCT.

Susana López Abella, secretaria Xeral de Igualdade, asistiu en Madrid ao pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, que analiza o impacto sobre a infancia. Este acto, celebrado baixo a presidencia do delegado do Goberno para a Violencia de Xénero, Miguel Lorente, centrouse na análise do impacto que exerce esta forma de violencia sobre a infancia e na necesidade de visibilizar aos menores como vítimas. Neste contexto, a Secretaría Xeral da Igualdade desenvolve diversas liñas dirixidas á atención dos menores que viven en fogares nos que se exerce violencia de xénero, entre elas, un programa de atención psicolóxica que ofrece recursos terapéuticos para superar os efectos directos da violencia sobre os nenos e nenas que conviven nun ambiente de agresións á nai. No total de 2010 e no que vai deste, participaron no programa 201 menores, que aprenden técnicas para superar as secuelas da presencia continuada de actos violentos e agresións sobre a nai, que pode producir danos físicos, psíquicos, cognitivos, sociais ou conductuais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Carta Abierta a la Conselleira de Sanidade, por Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) da comarca de Lemos

Seguinte Nova

Presentado o Plan de Viabilidade invernal para as estradas lucenses de titularidade autonómica

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: