Crónica del sur de Lugo

A Deputación manterá as estratexias de cooperación, pese ao adelgazamento orzamentario

El presidente de la Diputación de Lugo Jose Ramón Gómez Besteiro y el vicepresidente Antón Bao presentan los presupuestos para el año 2011

A situación económica dos concellos levou á Deputación a adiantar un mes a aprobación dos orzamentos para 2011, que foron aprobados este martes no Pleno provincial. A conta ascende a 92.112.201 euros e auméntase nas partidas destinadas aos servizos destinados aos concellos, centrándose na cooperación coas administracións locais.

Despois de cobrar o canon, algúns Concellos poderan acollerse ao Plan de Pequenas Infraestruturas do que antes estaban fóra por cobrar a débeda hidroeléctrica, que este ano custará a Deputación 3,7 millóns menos que en 2010. Dende as áreas de Cultura, Deporte, Benestar e Turismo, as xestionadas polo BNG, tampouco haberá reducción nas estratexias de cooperación.

Estabilidade e adelgazamento

Trátase, segundo apuntaron o presidente provincial, Jose Ramón Gómez Besteito, e o vicepresidente, Antón Bao, dos primeiros presupostos que acadan estabilidade orzamentaria no súa aprobación grazas ao Plan Económico-Financeiro.

Gómez Besteiro destacou que o cumprimento das débedas históricas permite o adelgazamento do Presuposto da propia Deputación máis que nos seus entes autónomos. Baixa en 32 millóns de euros, xa que só a transferencia dos hospitais provinciais ao Sergas supón unha reducción de 20 millóns. No caso do INLUDES, a reducción é de 14 a 10,5 millóns, porque as anualidades para os programas europeos de administración electrónica e creación de emprego estarían “a pleno rendemento”, polo que a anualidade que resta para 2011 é moito menor.

Con respecto a SUPLUSA, o Presuposto rondará os 7 millóns, porque este ano xa ten a dotación económica, 12 millóns de euros, para o programa de residencias e centros de día para a terceira idade que o organismo provincial construirá nunha decena de municipios.

Aforro

O control de gastos en todas as áreas leva, segundo o goberno provincial, a que o capítulo de “Gastos en bens correntes e servizos” diminúa en 3.174.353,41 euros, o que representa un 18,44% respecto do ano anterior. As retribucións redúcense nun 5% e os soldos matéñense conxelados por terceiro ano consecutivo. No referente a gastos de persoal baixan en 10.100.499,39 euros, un 33,08% respecto ó ano anterior. A principal razón é a transferencia dos hospitais co seu persoal correspondente.

O endebedamento tamén baixa, colocándose en 5 millóns menos do máximo do 75% que prevé o borrador da Lei de Presupostos do Estado grazas ao pago de gran parte do canon e ao plan de obra pública incluído xa na presente anualidade.

 

Cultura e Deporte

A pesar de contar cun menor volume de fondos, a área de Cultura e Deportes, vai manter, segundo informou Bao, o mesmo nivel de compromiso que durante toda a lexislatura, enfocándose cara aos concellos e os colectivos deportivos e culturais.

Antón Bao afirmou que “ó contrario que fixo a Xunta  eliminando axudas ao deporte en 2010,   nós continuamos apoiando aos clubs, federacións e deportistas a través de diferentes liñas de axudas”. Para o fomento do deporte, Bao informou de que a Deputación destinará 4,7 millóns de euros e outros 700.000 euros para as instalacións propias da Deputación. No eido da cultura, a Deputación vai destinar un total de 7,2 millóns de euros, dos que 3,5 millóns van destinados á promoción cultural, e 2,7 millóns para manter en funcionamento a Rede Museística Provincial. Por outra parte, non se rebaixou o apoio aos conservatorios de Monforte, Viveiro e Vilalba, que deberían ser competencia da Xunta de Galicia, nin se rebaixou o apoio á UNED desde a Área de Cultura da Deputación”.

Haberá ademáis dous novos proxectos: a creación da Fundación Uxío Novoneyra no Courel eo Plan estratéxico contra a obesidade infantil

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio