Actos no Día Mundial do Alzheimer

O pasado día 21 de setembro celebrouse o día Mundial do Alzheimer. Por este motivo foron moitos os Concellos, asociacións e colectivos que organizaron diferentes actos. Neste senso, dende AFAMON (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte), realizáronse varias actividades especiais co obxectivo de informar e dar a coñecer toda as cuestións relacionadas coa enfermidade, e solicitar o apoio, a solidariedade e o compromiso da sociedade.

INFORMACIÓN A PÉ DE RÚA, CINE FÓRUM E MESAS REDONDAS

Así por exemplo, o venres 23 celebrouse un cine-fórum, coa proxección da película “Bicicleta, Cuchara, Manzana”, protagonizada por Pascual Maragall. O sábado 24 de setembro situouse unha mesa informativa na rúa Cardenal de Monforte, onde membros da xunta directiva, voluntarios e traballadores de AFAMON informaron sobre a enfermidade e as actividades da asociación, entregaron libros e manuais para coidadores de persoas con enfermidade de Alzheimer, e venderon participacións de Lotería de Nadal. Finalmente, este xoves 28 de setembro celebraron unha mesa redonga, “Avances na enfermidade de Alzheimer”, a cargo do neurólogo Daniel García e do psiquiatra Luis Docasar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Vendima e regularización dos Viñedos na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Asociacionismo na comarca

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: