O espíritu do San Mateo pechou a tempada das grandes festas

Xa dende o mediodía, e dende primeiras horas da mañá, foron moitas as persoas que pouco a pouco se foron achegando ata a parroquia monfortina de A Parte para celebrar o San Mateo; santo avogoso para os males de oído. Entre os máis madrugadores, os responsables de tendas, postos de comida e atraccións, encargados de ir amenizando o ambiente. Xa arredor das dúas, foron moitos os que se decidiron a comer algún que outro bocado. Así por exemplo, entre a multitude atopábanse numerosos grupos de amigos e familias, e tamén colectivos, como o de Geriatros, que máis animados que nunca disfrutaron do xantar ao aire libre. Pola súa parte, e como de costume, o polbo foi o prato estrela, que a través das racións -e por suposto acompañado de viño- serviu para ir abrindo o apetito e a xornada. EC

O pasado mércores 21 de setembro celebrouse no concello de Monforte a tradicional romería do San Mateo. Non foi festivo local, pero iso non impediu que centos de veciños, así como visitantes doutros lugares, se achegaran ata a parroquia monfortina de A Parte para disfrutar dun xantar popular e de toda a animación preparada para a ocasión. O bo tempo acompañou ás familias enteiras, grupos de amigos, peñas, colectivos, asociacións e demais persoas que acudiron ata o campo da festa, coa intención de xantar nas súas propias carpas ou tamén nos distintos postos de polbo que había. Deste xeito, calquera recuncho foi bo para converterse nun comedor privado onde cada grupo disfrutou á súa maneira dunha xornada moi animada. Neste senso, a música tampouco faltou en ningún momento, xa que grupos de gaiteiros e pandereteiros serviron para avivar ainda máis o espíritu festivo. E por suposto, non faltaron as orquestras -Los Players e Saudade 73-, que tamén amenizaron o ambiente durante a tarde e a noite. Pola súa parte, para os nenos tampouco faltou diversión, xa que contaron con hinchables, atraccións de feira e demais divertimentos cos que entreterse durante a xornada. Ano a ano esta romería vai gañando adeptos, o que se traduce en que cada vez máis xente de fóra tamén se anime a participar no San Mateo monfortino. E dende logo é de destacar o marco incomparable onde se celebra, posto que o campo da festa conta cunha ampla explanada onde reunir á xente, músicos, postos de feira, atraccións e demáis, sen faltar as oportunas sombras e zonas de aparcamento. Mención especial merecen os membros de Protección Civil e o resto de axudantes e corpos de seguridade, que contribuiron a que a xornada transcorrera con total normalidade e sen incidencias.

Tal e como manda a tradición foron moitos os grupos de persoas que acudiron á festa do San Mateo con indumentarias específicas. Así por exemplo, vimos grupos de amigos vestidos de diferentes cores, e por suposto con emblemas moi divertidos. O ambiente festivo notouse dende primeira hora da mañá e o bo tempo acompañou durante toda a xornada, polo que foron moitos os que, antes de sentarse a comer nas carpas privadas ou nos postos de polbo, se decidiron a tomar algún que outro refrixerio. Pola súa parte, entre a multitude de veciños e visitantes, algunhas caras coñecidas, como a do socialista monfortino José Tomé, entre outros políticos. Gaiteiros, pandereteiros e orquestras foron as encargadas de poñer a música de xeito oficial; sen embargo, o ambiente lúdico e festivo (e tamén o viño) animou a máis de un a cantar e a bailar. E como a comida non podía faltar, para os máis cómodos que se decidiron a xantar no propio campo sen levar a comida da casa, diversidade de pratos a escoller; ainda que xa se sabe que o que máis triunfa soe ser o polbo, e o churrasco con criollos e patacas. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

La Asociación de Hostelería organiza charlas sobre nuevas tecnologías en el sur de Lugo

Seguinte Nova

O polígono de Chantada, listo en outubro

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: